send link to app

Dicionario RAG


4.2 ( 7712 ratings )
Referencia Educación
Desarrollador Real Academia Galega
Libre

Aplicación desenvolvida pola Fundación Barrié e a Real Academia Galega sobre a base do dicionario desta última.

Esta aplicación, gratuíta, totalmente operativa e libre de publicidade, contén máis de 55.000 termos coas súas definicións, sinónimos, antónimos, exemplos e pronuncia da maioría das entradas. É unha ferramenta pensada para o día a día das persoas que falan e escriben en galego e pode ser de grande axuda no mundo educativo.

O Dicionario funciona sen necesidade de estar conectados. A pronuncia dos termos, o conxugador verbal, a Palabra do Día e os Xogos, requiren ligar cunha rede wifi ou de datos celulares.

Características:

* Busca con texto preditivo con maculinos e femininos
* Definicións, sinónimos e antónimos
* Sistema de actualización automatizada da base de palabras
* Buscador de sinónimos
* Conxugador verbal
* Pronuncia dos termos
* Exemplos de uso de palabras e expresións
* Histórico de buscas recentes
* Pódense gardar palabras favoritas
* Conexión co Portal das Palabras para amosar a Palabra do día e os Xogos
* Posibilidade de compartir termos (Facebook, Twitter, Whatsapp…)
* Sacudindo, o móbil propón un termo